ESOMI

cab8.jpg

Eventos

 

Novas mobilidades nun contexto de crise. Retos da emigración para a sociedade galega

21 e 22 de outubro de 2014

Lugar: Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela

Hora: 10.00 horas

Coordina: Laura Oso Casas, Profesora Titula de Socioloxía e coordinadora do Equipo de Investigación de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), Universidade da Coruña

Organiza: Consello da Cultura Galega en colaboración coa  Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e o  ESOMI

 


"Novas mobilidades nun contexto de crise. Retos da emigración para a sociedade galega"

Nos últimos anos, o impacto da crise trouxo consigo un cambio do ciclo migratorio galego. A principios do presente século, durante a fase de crecemento económico, a chegada de inmigrantes (xa fosen estranxeiros ou “retornados”) protagonizou o discurso social, mediático e político, e converteuse no foco de interese das investigacións sobre mobilidades levadas a cabo en Galicia. Non obstante, o impacto da crise implicou un interese crecente polo cambio do ciclo migratorio e sitúa actualmente o foco de atención nos novos fluxos de saída de cidadáns galegos ao exterior. 

Esta problemática foi aínda pouco estudada e non escapa á nosa consideración a súa complexidade. Detrás das cifras de cidadáns españois que están saíndo actualmente de Galicia, agóchanse realidades sociais moi diversas: mozas e mozos galegos que buscan un posto de traballo no exterior; inmigrantes de orixe estranxeira, naturalizados, que retornan aos seus países ou que fan as maletas para instalarse noutras contornas economicamente máis prósperas; retornados galegos (aqueles que no seu día foron emigrantes, ou os seus descendentes, que volveron a Galicia atraídos pola época de prosperidade) e que regresan aos seus antigos países de emigración (Suíza, Alemaña, Arxentina, etc.), estudantes… A isto cómpre sumarlle outro tipo de mobilidades (transfronteirizas, migracións circulares de ida e volta, etc.). 

Este seminario pretende sacar á luz estas realidades diversas mediante unha estimación da súa magnitude, o esclarecemento da dificultade que entraña a explotación das fontes estatísticas e o estudo dos retos políticos e sociais que comportan estas novas mobilidades para a sociedade galega. Para iso, contaremos coa presenza de Antonio Izquierdo Escribano, Andreu Domingo, Amparo González Ferrer, Antía Pérez Caramés, Obdulia Taboadela Álvarez, Ildefonso de la Campa Montenegro, Laura Oso, Jorge Malheiros e Antonio Rodríguez Miranda.

Máis información, programa e inscrición no seminario.

 

 

 
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook