ESOMI

cab10.jpg

Luca Chao Pérez

Pilar

Luca é Licenciada en Ciencias Políticas (2011) pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster Oficial Universitario en Migracións Internacionais: especialización en Políticas Migratorias (2012) pola Universidade de A Coruña. This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Foi becaria de investigación no departamento de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela (2010-2011) onde traballou os temas de participación cidadá e análise de políticas públicas.

Actualmente está realizando a súa tese doutoral sobre os solicitantes da nacionalidade española a través da Disposición Adicional Sétima da coñecida como lei da Memoria Histórica, que poden facelo como descendentes do exilio republicano español de 1939, baixo la direción do catedrático de Socioloxía Antonio Izquierdo Escribano.

As súas áreas de traballo céntranse principalmente en: Migracións Internacionais, Lei da Memoria Histórica, Exilio, Análise de Políticas Públicas e Participación cidadá.

Proxectos de investigación

Os proxectos de investigación nos que colaborou recentemente son:

  • "Barreiras ó Goberno electrónico. O emprego das TIC na política sanitaria autonómica. Un enfoque dende as relacións intergubernamentais". Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación Período 2010-2012
  • “A trascendenciaa migratoria da Lei da Memoria Histórica”. Financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad. Período: 2011 - 2014.

Publicaciones

Entre as súas últimas publicacioóns cabe destacar:

  • (2011) "Epílogo" En Izquierdo, A. (Ed.): La migración de la memoria histórica. Barcelona, Edicions Bellaterra. ISBN: 978-84-7290-564-1 pp.
  • (2011) Editora do Libro La migración de la memoria histórica, Izquierdo Escribano, A. (coord.). Barcelona, Edicions Bellaterra. ISBN: 978-84-7290-564-1
  • (2010) “Comunicación, integración e cidadanía; a expulsión de membros do colectivo xitano en Francia”. VI Foro da Cidadanía e da Comunicación. Migración e Medios de Comunicación, 26 octubre a 8 de noviembre 2010. Publicada en “Migración e Medios”, ISBN: 978-84-615-3233-9
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook