ESOMI

cab2.jpg

Antía Pérez Caramés

Doutora en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4851)

Antía Pérez Caramés é Doutora en Socioloxía poa Universidade da Coruña (13/07/2010). A súa tese doutoral “Análise do envellecimento demográfico en Galicia. Unha perspectiva de xénero sobre o coidado dos maiores dependentes” foi dirixida polo Catedrático Antonio Izquierdo Escribano e obtivo a calificación de sobresaínte cum laude por unanimidade.

Actualmente é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e Coordinadora do Máster Oficial en Migracións Internacionais (MOMI). Imparte docencia na materia de Análise demográfica do Grao en Socioloxía e tamén no Máster Oficial en Migracións Internacionais e no Máster Universitario de Sociología Aplicada (MUSA). 

Os seus ámbitos de investigación abarcan os coidados e as relacións de xénero, o proceso de envellecemento demográfico e as migracións internacionais. Realizou estadías de investigación nos seguintes centros: EHESS (École deas Hautes Études en Sciences Socials, París, Francia), Max Planck Institute for Demographic Research (Rostock, Alemaña), Center for Comparative Immigration Studies (University of California San Diego, Estados Unidos), Centre for Globalisation and Governance (Universidade de Hamburgo, Alemaña) e MIGRINTER (Universidade de Poitiers, Francia). 


Proxectos de investigación

  • “Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionales y codesarrollo desde una perspectiva de género”, dirixido por Antía Pérez-Caramés e financiado pola Direción Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (Xunta de Galicia). Período: 2014-2015. 
  • “Geografías del trabajo de cuidados. Implicaciones de su privatización sobre la creación de empleo”, dirixido por Raquel Martínez Buján e financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO). Período: 2013-2015. 
  • “Pluralismo religioso en Galicia. Análisis de la implantación, presencia y relaciones con los poderes públicos de los grupos religiosos no católicos”, dirixido por Antonio Izquierdo Escribano e financiado pola Fundación Pluralismo y Convivencia (Ministerio de Justicia). Período: 2011-2012.
  • “Proyecto y procesos de retorno de los inmigrantes extranjeros en España”, dirixido por Diego López de Lera e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN). Período: 2009-2012. 
  • “Las implicaciones de la política social y del modelo migratorio en la organización familiar del trabajo de cuidados”, dirixido por Raquel Martínez Buján e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia). Período: 2010-2011. 

 

Publicacións 

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook