Antía Pérez Caramés

Doutora en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4851)

Antía Pérez Caramés é Doutora en Socioloxía poa Universidade da Coruña (13/07/2010). A súa tese doutoral “Análise do envellecimento demográfico en Galicia. Unha perspectiva de xénero sobre o coidado dos maiores dependentes” foi dirixida polo Catedrático Antonio Izquierdo Escribano e obtivo a calificación de sobresaínte cum laude por unanimidade.

Actualmente é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e Coordinadora do Máster Oficial en Migracións Internacionais (MOMI). Imparte docencia na materia de Análise demográfica do Grao en Socioloxía e tamén no Máster Oficial en Migracións Internacionais e no Máster Universitario de Sociología Aplicada (MUSA). 

Os seus ámbitos de investigación abarcan os coidados e as relacións de xénero, o proceso de envellecemento demográfico e as migracións internacionais. Realizou estadías de investigación nos seguintes centros: EHESS (École deas Hautes Études en Sciences Socials, París, Francia), Max Planck Institute for Demographic Research (Rostock, Alemaña), Center for Comparative Immigration Studies (University of California San Diego, Estados Unidos), Centre for Globalisation and Governance (Universidade de Hamburgo, Alemaña) e MIGRINTER (Universidade de Poitiers, Francia). 


Proxectos de investigación

 

Publicacións