Raquel Martínez Buján

Raquel MArtinez

Doutora en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4852)

Raquel é Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña (08/02/2008). A súa tese doutoral, "Bienestar y Cuidados: el Oficio del Cariño. Mujeres Inmigrantes y Mayores Nativos" foi dirixida polo catedrático Antonio Izquierdo Escribano e obtivo como calificación "Sobresaliente cum laude" por unanimidade.

Actualmente é Profesora Contratada Doutora na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña onde imparte as materias de Sociología da Familia e Globalización, Medio Ambiente e Poboación no Grao de Socioloxía. As súas áreas principais de investigación son a análise das Dinámicas das Migracións Internacionais, a Política Social e o Emprego e a Socioloxía do Coidado e a Familia.

En concreto, os seus traballos de investigación máis representativos centráronse en explorar as relacións entre os fluxos migratorios femininos e as necesidades de coidados dentro das familias. Ademais, este campo de estudo despregouse tamén ao redor das implicacións da política social e a filosofía dos programas públicos de protección na creación dun mercado de traballo de coidados irregular e etnizado. Gran parte da súa investigación tamén está dirixida a estudar as migracións latinoamericanas e a súa inserción no mercado laboral europeo.

A súa formación académica inclúe unha especialización nestes terreos mediante estadías de investigación nas seguintes institucións de prestixio: 

- CIRCLE (Centre for International Research on Care, Labour and Equalities, University of Leeds, Reino Unido)

- CESU (Centro de Estudios Superiores Universitarios, Cochabamba, Bolivia),

- Oxford Institute of Ageing (Reino Unido),

- Centro Latinoamericano y Caribeño de Estudios Demográficos (CELADE, Santiago de Chile),

- Centre D'Estudis Demográfics (Barcelona)

- Institut Nacional d'Etudes Demographiques (INED) de Paris.

 

Proxectos de investigación

Os proxectos investigación que dirixiu recentemente son:

 

Publicacións

Entre as últimas publicacións cabe destacar: