ESOMI

cab10.jpg

Kàtia Lurbe i Puerto

Katia

Doutora en Socioloxía, Universitat Autònoma de Barcelona & Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales, Paris
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Kàtia Lurbe i Puerto é Premio Extraordinario de Licenciatura pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía (Universidade Autónoma de Barcelona 1998), Máster of Art in Sociological Research in Health Care (University of Warwick, 2000, bolseira Batista i Roca) e Doutora en Socioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e l'Ecole deas Hautes Etudes en Sciences Sociales de Paris (18/03/2005; bolseira FPU polo MCyT)

A súa tese doutoral, "A alienación de l@s otr@s. Estudo sociolóxico sobre o tratamento da alteridade na atención á saúde mental en Barcelona e Paris" (Dir. Carlota Solé i Puig e Didier Fassin; "Sobresaínte cum campa" por unanimidade) está dispoñible en http://www.tdx.cesca.es/TDX-0718106-135329/index.html. Dende o 2006, é Investigadora Contratada Doutora grazas aos programas postdoutorais MEC/Fullbright e Juan de la Cierva, asi como dos contratos de investigación obtidos posteriormente en l'EHESS-Paris (Francia) e en INSIDE Research Unit (University of Luxembourg). Aínda Que cunha menor dedicación e centrada nos seus temas de investigación, continuou coa súa actividade de docencia universitaria nos niveis de grao (UAB, UG e University of Luxembourg), máster (UAB, UdC) e estudos doutorais (EHESS e UAB), sobre metodoloxía; socioloxía da saúde; políticas de xestión das migracións e minorias; políticas sociais e sanitarias: acceso, uso e a súa relación coas desigualdades e discriminacións sociais; políticas do coidado e moralidade da intervención social; teorías do desenvolvemento humano e perspectiva da interseccionalidade.

Proxectos de investigación

É Investigadora Principal dos proxectos:

  • “La influència del procés de reagrupament familiar sobre les relacions intrafamiliars i el seu benestar biopsicosocial” (GEDIME, UAB), financiado pola UAB (2006-2007, EME2006-12) e o Institut Català de les Dones (U14/06) no que participaron Soledad Bermann, Leonardo Bejarano, Rosalina Alcade, Isabel Benítez Romero e Jennifer Márquez Moyano
  • “Santé et Prévention chez des Rroms/tsiganes en Ile-de-France”(EHESS, 2008-2011), financiado polo INPES/IReSP e no que participaron Pierre Aïach, Yannick Lucas, Norah Benarosh, Stéphanie Achte, Dana Cercenautu, Yann Beldame et Katarina Karabencheva.
  • Codirixe con Michèle Baumann a investigación “Mental health problems and needs observed by health and social professionals in Luxembourg”
  • Participa no proxecto “Estrategias y trayectorias transnacionales de movilidad social de las familias de migrantes en España” (IP: Laura Oso Casas).

Publicacións

Conta cunha producción científica notable, tanto no que se refire a publicacións (co-edición de libro de monografía en PAPERS e de libros colectivos; capítulos en libros de publicación nacional e internacional, artigos en revistas especializadas e indexadas, nacionais e internacionais), como na organización de congresos e sesións en congresos internacionais e na participación en congresos e eventos de carácter científico. Destacan as seguintes publicacións:

  • En coautoría con Dani Filc (2010), “Providing healthcare to the most foreigner in Spain and Israel: different responses to a same challenge” in Spain, Israel and the EU (SIEU): Human Rights and Immigration Policy
  • «Altérités aliénées: Quand la subjectivation des rapports racialisés de classe et de genre fait mal», Sociologie et Santé, 2008 (28)
  • En coautoría con Laura Oso Casas e Bruno Tur (2008) Transciudadanos. Hijos de la emigración española en Francia.; con Enrique Santamaría (2007)
  • Entre (nos)otros... O la necesidad de re-pensar la construcción de las alteridades en contextos migratorios.” Papers (85)
  • Con  Frédéric Le Marcis, o libro colectivo Le rapport aux « endo-étrangers» en Europe : Rroms, Manouches, Yeniches, Gitans et gens du voyage, Academia-Bruylant.

As súas publicacións en 2011:

  • Salud mental y exilio : la relación terapéutica y el trabajo moral de la intervención médica con personas victimas de violencia organizada. Sociedad y Economia, 19; BAUMANN, M.; LURBE-PUERTO, K.; ALZAHOURI, K.; AÏACH, P.
  • “Increased residual disability among post-stroke survivors, and the repercussions for the lives of informal caregivers” in Topics in Stroke Rehabilitation, 18 (2); LURBE-PUERTO, K; ENJOLRAS, F.
  • El rol de la medicina en las políticas de control de fronteras. Estudio etnográfico de una Unidad Médica en un Centro de Retención Administrativa en Francia. In : Ribas Mateo, N. (Ed.). El Río Bravo Mediterráneo, las Regiones Fronterizas en la época de la globalización. Editorial Bellaterra
  • Mobilités au féminin : moments de vie de femmes structurées par le voyage In: Ribas-Mateos, N. & Manry, V. (Ed.) Les mobilités féminines et leurs enjeux identitaires, économiques et politiques, Ed Karthala.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook