ESOMI

cab5.jpg

Eventos

 

CONFERENCIA

AS POLÍTICAS DE INMIGRACIÓN E CIDADANÍA NO NOVO ESCENARIO: CATRO PROPOSTAS

Antonio Izquierdo

Xoves, 9 de febreiro.

 

O próximo xoves 9 de febreiro, o compañeiro Antonio Izquierdo dará a Conferencia "AS POLÍTICAS DE INMIGRACIÓN E CIDADANÍA NO NOVO ESCENARIO: CATRO PROPOSTAS",no marco do Ciclo EUROPA FORTALEZA. FRONTEIRAS, VALADOS, EXILIOS, MIGRACIÓNS, organizado polo Consello da Cultura Galega.

 

Data: 9 de febreiro, ás 17:00 horas.

Lugar: Consello da Cultura Galega,  Santiago de Compostela.

Para facer a inscrición, ver aquí

Máis info: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200536.

 

 Ciclo EUROPA FORTALEZA. FRONTEIRAS, VALADOS, EXILIOS, MIGRACIÓNS, foi iniciado o pasado mes de maio  de 2016 coa conferencia de Carmen González Enriquez "A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria", a segunda sesión, "Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación", tivo lugar o 1 de decembro con Montserrat Guibernau e a terceira o pasado 19 de xaneiro coa participación de Javier de Lucas, o Ciclo EUROPA FORTALEZA, inclúse no seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) e aborda cuestións latentes na actualidade europea como son as fronteiras, os valados, os exilios e as migracións. Así, ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu á necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades.

Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? 

As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas e bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.

 

 
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook