CURSO DE VERÁN

 CURSO DE VERANO

"A igualdade de xénero na axenda para o desenvolmento" 

Data: 11-14 de setembro de 2017.

Lugar: A Normal. (Paseo de Ronda, 47. 15011 - A Coruña)

Duración: 18 horas. 

Prazo de matrícula: Do 19 de Maio ata o 6 de Setembro.

Coste da matrícula: 50 euros (xeral) e 30 euros (matrícula reducida para determinados colectivos).

Organiza:  Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña e Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia (ESF).

Máis información: 

https://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2017/curso16.html

 

Este curso afronta a cuestión da igualdade de xénero nas políticas e prácticas de cooperación ao desenvolvemento. Dentro das temáticas que se tratarán farase especial fincapé na relación entre a igualdade de xénero e unha visión crítica da economía a nivel global, tamén se tratarán cuestións metodolóxicas prácticas como a realización de indicadores para medir o impacto de xénero nos proxectos de cooperación, a importancia da comunicación estratéxicas e nas redes sociais para impulsar unha maior sensibilización cara a unha sociedade máis xusta a escala planetaria, e finalmente, centrarémonos e falaremos da importancia do codesenvolvemento en relación cos procesos migratorios e como as experiencias de cooperación feitas desde Galicia están a introducirse na igualdade de xénero e nos enfoques feministas.

Este curso está organizado polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, a entidade Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia (ESF) e conta coas axudas da Universidade da Coruña e de Cooperación Galega. 

-------

 
Documentos anexos
Download this file (PROGRAMA DO CURSO VERÁN_A IGUALDADE DE XÉNERO NA AXENDA PARA O DESENVOLVEMENTO.p)PROGRAMA DO CURSO VERÁN_A IGUALDADE DE XÉNERO NA AXENDA PARA O DESENVOLVEMENTO.p[ ]284 Kb