ESOMI

cab10.jpg

Eventos

 

¡CALL FOR PAPERS!

SIMPOSIO (16/3) 

CONEXIÓN ESPAÑA-CUBA. MIGRACIONES DE IDA Y VUELTA 

  (Eje temático: Migraciones)


Desde os equipos de investigación RIAM da Universidade de La Habana e ESOMI da Universidade da Coruña, convidámosvos a presentar as vosas contribucións ao Simposio "CONEXIÓN ESPAÑA-CUBA. MIGRACIÓNS DE IDA E VOLTA".

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE RELATORIOS ATA O 20 DE OUTUBRO DE 2017

Podes facernos chegar a túa contribución a través da seguinte ligazón: https://www.conftool.pro/ica2018/index.php?page=login


Proponse unha mirada ás migracións entre España e o Caribe, prestando maior atención ao caso cubano.  Preténdese un percorrido desde os primeiros migrantes españois tras a independencia, ata as actuais migracións de caribeños a España, EEUU e outros destinos. Tendo en conta, a perspectiva de xénero, pero tamén a interxeracional, polo que se dedicará un espazo aos pioneiros da cadea migratoria e aos seus descendentes, así como os cambios sociopolíticos nos contextos de análises que favoreceron ou frearon estas correntes migratorias. 

Darase acollida aos seguintes temas:

-A emigración histórica de españois a Cuba

-A integración dos españois en Cuba e o vínculo con España

-A emigración de cubanos/as tras o Triunfo da revolución

-Os descendentes de españois en Cuba e a dobre nacionalidade

-Os movementos migratorios actuais: o cambio de rumbo

 

Coordinadores:

Yonnier Angulo Rodríguez (RIAM, Universidade de La Habana): This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.  

Montserrat Golías Pérez (ESOMI, Universidade da Coruña): montserrat.golias@udc.e

 

Para máis información: http://ica2018.es/inicio/

 
Documentos anexos
Download this file (SIMPOSIO CUBA-ESPAÑA.pdf)SIMPOSIO CUBA-ESPAÑA.pdf[ ]489 Kb
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook