ESOMI

cab10.jpg

Eventos

 

PRESENTACIÓN LIBRO

LOS HEREDEROS DE LA CIUDADANÍA 

Autora: Montserrat Golías


A Agrupación Instructiva de Caamouco en ARES vai acoller o vindeiro 23 de setembro (19 horas) a presentación do libro "Los herederos de la ciudadanía", o último traballo de Montserrat Golías, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración e investigadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionas (ESOMI) da Universidade da Coruña.

No estudo, Golías leva a cabo unha análise sobre os distintos motivos que levan aos fillos e netos dos emigrados españois a Cuba e á Arxentina a solicitar a nacionalidade española de orixe, tal como se recolle na Lei da Memoria Histórica do ano 2007. A autora afonda na Disposición Adicional Sétima da lei, que confire a nacionalidade española de orixe "ás persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español e aos netos de quen perdeu ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio".

Tras a presentación do libro, terá lugar un debate entre a autora e os asistentes ao acto.

A Xunta Directiva da Agrupación Instrutiva quere agradecer a Montserrat Golías o seu interese por presentar en Caamouco o seu traballo, dados os fondos vínculos da parroquia co mundo da emigración e, en especial, con Cuba.

Localización: Agrupación Instructiva de Caamouco está situada no lugar da Tenencia, na parroquia de Caamouco, concello de Ares.

O xeito máis sinxelo de chegar é tomando a estrada que vai de Redes a Ares, e sempre nesta dirección, colleremos o segundo camiño que atopamos á nosa man esquerda.

Localización GPS: 43º25.659'N 8º12.335'O

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook