ESOMI

cab6.jpg

Eventos

 

X Xornadas de sensibilización sobre inmigración e interculturalidade

16 de novembro de 2012

Lugar: Centro Cívico de Eirís, A Coruña

Hora: De 9.00 a 19.00 horas

Organiza: Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Matrícula gratuíta


X XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INMIGRACIÓN E INTERCULTURALIDADE:

MODELOS DE INTERVENCIÓN SOCIAL E SANITARIA

 

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña celebran esta xornada que pretende amosar, dende unha perspectiva teórica e práctica, como está a afectar de forma máis inmediata a crise nos colectivos de persoas migrantes, así como coñecer cales son as súas inquedanzas.

A Conferencia Inaugural "O impacto da Crise no colectivo migrante" será pronunciada por Antonio Izquierdo Escribano, Catedrático de Socioloxía da UDC.

Contará tamén coa participación de profesora  Raquel Martínez Buján, que falará sobre "A migración de retorno e o desenvolvemento".

Mais información na seguinte ligazón: PROGRAMA DAS XORNADAS

 

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook