ESOMI

cab9.jpg

Eventos

 

Xornadas: "Todo o que sempre quixeches saber e nunca te atreviches a preguntar sobre as enquisas"


18 de marzo de 2013

Lugar: Aula 1/5 da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña

Hora:  15.30-18.30
 
Organiza: Belén Fernández, Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) 
 
Entrada libre e gratuita

 


Primeira conferencia no  marco das Xornadas "Todo o que sempre quixeches saber e nunca te atreviches a preguntar sobre as enquisas"

"POR UN PUÑADO DE VOTOS: POLÍTICA E ENQUISAS ELECTORAIS

A cargo de, 

Carlos Neira Cortizas 
Analista, consultor e investigador social, especializado en análise eleitoral. 

 Carlos Neira Cortizas, é economista e exerce como analista e consultor nas áreas da investigación social, a estatística, a comunicación e as novas tecnoloxías da información. Conta con máis dunha década de experiencia profesional na empresa privada, no terceiro sector e na administración pública. Desde 2005 analiza no seu blog http://calidonia.eu/ a situación política e electoral de Galicia. Sostivo desde 2009 que o PPdeG iría revalidar  a súa maioría absoluta no Parlamento galego, e unha semana antes das últimas eleccións autonómicas avanzou publicamente a posibilidade do sorpasso da AGE ao BNG. Na actualidade é comentarista de actualidade na Radio Galega.

 

Documentos anexos
Download this file (CARTAZ_Enquisas_Definitivo.pdf)CARTAZ XORNADAS[CARTAZ XORNADAS]1315 Kb
Download this file (Por un puñado de votos.pdf)Por un puñado de votos[Por un puñado de votos]2003 Kb
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook