SEMINARIO DE VERÁN: MEDIOS, COMUNICACIÓN E PODER

16 a 19 de setembro de 2013

Lugar: NORMAL Espazo de Intervención Cultural. Paseo de Ronda, 47, 15011, A Coruña

Organiza: Universidade da Coruña

Colabora: Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) e Rede de Dereitos Sociais (RDS)

Prazo de matrícula: Do 16 de maio ata o 10 de setembro

Prezo de matrícula: 
Prezo público xeral: 50 €
Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional;pensionistas; persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

Información:  Facultade de Socioloxía, Campus de Elviña. Tel. 981 167 000 ext. 4817  This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

SEMINARIO DE VERÁN: MEDIOS, COMUNICACIÓN E PODER

16 a 19 de setembro de 2013


 

 

Un dos elementos singularmente caracterizadores da época presente é a imbricada e poderosa relación que se da, na que hoxe damos en chamar Sociedade da Información, ao fio da tríada comunicación-medios-poder. A centralidade poĺitica e social e a complexidade do vínculo entre o que entendemos como Cuarto poder e os mecanismos de dominación e gobernanza vive un momento caracterizado polas profundas transformacións que acompañan a acelerada introducción na sociedade das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) coas Redes Sociais a cabeza. Ollando para as alteracións nos mecanismos de creación de hexemonía no imaxinario cultural e para as fendas que abre a viralidade da información en rede poderíamos preguntarmonos, vivimos unha época de cambios, ou un cambio de época? A este respeito, o desafio por identificar e comprender o alcance real das mutacións en curso no nexo entre comunicación e poder trae hoxe ao seu carón diversas disciplinas. Elementos que nacen na socioloxía, a pedagoxía, o xornalismo, a comunicación audiovisual, a ciencia politica, a filosofía, ou a filoloxía compoñen o calidoscópico crebacabezas que nos permite desentramar que elementos están en xogo baixo a binomio comunicación-poder.O noso obxectivo principal con este curso e dotármonos de nocións guia coas que desvelar cal poden ser hoxe as ferramentas precisas para a comprensión dos mecanismos de creación de consenso, disenso ou lexitimidade no universo da infoesfera e do sistema-mundo contemporáneo.

Os bloques temáticos que se tratarán no seminario serán os seguintes:

1.- REDES SOCIAIS (5h)

No longo percorrido que parte da aterraxe de internet no corazon das comunicacións globais e que continua coas redes sociais 2.0, producíronse cantidade de eventos políticos de enorme transcendencia. En todos eles o manexo das novas tecnoloxías xogaron un papel crucial. Desde os movementos no mundo árabe até o 15M, pasando polo Non á Guerra, o 13M ou VdeVivienda, ferramentas como as listas de correos, webs, blogs, facebook, twitter ou N-1 -entre outras moitas redes sociais- situáronse no epicentro da acción política.
Un conxunto de eventos que non son máis que a mostra das novas formas de relación que pasan cotidianamente por estas conexións e que evocan unha nova arquitectura nas formas de relación e composición social.
Lonxe quedan aqueles anos nos que a comunicación era só a emisión dun discurso unidireccional, para pasar a unha era na que a propia comunicación demostrou a súa capacidade para articular redes sociais e dar densidade aos encontros nunha sociedade que moitos deran por perdida. A dispersión tornouse rede de posibilidades e as formas de comunicación 2.0 puxéronse ao servizo de intereses subversivos.

2.- ANÁLISE DE MEDIOS (10h)

Inmersos nun momento histórico no que os medios de comunicación afrontan retos a diversas escalas inimaxinables anos ha, incluindo a súa supervivencia e viabilidade mesma, ofrecemos unha ampla mostra de proxectos e propostas, de alcance local, estatal e internacional, que do xornalismo de investigación contrahexemónico á comunicación militante amosan opcións de disidencia e independencia.
Unha aproximación ás novas formas de comunicación integradas no panorama existente que permite establecer unha análise das diversas metodoloxías adoptadas e das posibilidades de difusión e intervención deste tipo de proxectos.

3.- COMUNICACIÓN POLÍTICA (5h)

Na sociedade actual, sobredeterminada pola creación de relatos e imaxinarios tamén no campo da acción colectiva e da politica dos movementos sociais e das formas partido, mostrase como fundamental a eficacia da relación entre política e comunicación. Queremos debullar os mecanismos sobre os cuais descansa a creación de hexemonía cultural e poĺitica e indagar nas ferramentas coas que desentramar os discursos da comunicación de masas. Finalmente, neste bloco temático, analizaremos os dispositivos para a creación de unha opinión pública crítica na sociedade contemporanea.

 

PROGRAMA

16 de setembro REDES SOCIAIS

16.00-17.30 Novos xeitos de organización colectiva distribuida. Javier Toret

17.30-18.30 Política e Medios Sociais: a mensaxe e as súas canles. Tati Mancebo

18.30-19.30 Uso dos medios sociais aplicados á comunicación política. Iván Sánchez

19.30-21.00 Debate

17 de setembro ANÁLISE DE MEDIOS I

16.00-17.15 Novas formas de comunicación. Comunicación contra o patriarcado. Bárbara G. Vilariño

17.15-18.30 Medios, redes e opinión pública. Víctor Sampedro.

18.30-19.45 Voces da exclusión. Cara un xornalismo crítico?. Alberto Pradilla.

19.45-21.00 Debate 

18 de setembro ANÁLISE DE MEDIOS II

16.00-17.30 Desv(ar)íos de sentido. Medios, cine e poderJosé Manuel Sande

17.30-19.00 Proxeción de traballos e presentación de GZ Contrainfo.

19.00-21.00 Mesa de Medios Galegos: Novas GZ, Sermos Galiza, Praza Pública Cuac FM

19 de setembro COMUNICACIÓN POLÍTICA

16.00-17.30 Comunicación contrahexemónica. Pablo Iglesias Turrión

17.30-20.00 Comunicación, occidente vs oriente. Santiago Alba Rico.

20.00-21.00 Proxección de traballos e presentacion #GAC (Galiza Ano Cero)