ESOMI

cab0.jpg

Planificación do ensino

1. Modalidade de estudo

a) Presencial
As clases impártense na Facultade de Socioloxía, co inicio do curso académico correspondente. O estudantado deberá consultar o horario do curso nesta mesma páxina web. A coordinación do máster establecerá un horario que facilite a compatibilización do traballo en aula e a asistencia a titorías personalizadas, coa realización das prácticas.

b) A distancia
A modalidade a distancia, ofrece a posibilidade de realizar o mestrado a aqueles/as profesionais e egresados/as xa incorporados/as ao mercado laboral ou a outro tipo de perfís que, por diversas razóns, non poidan seguir con regularidade a docencia presencial. Doutra banda, os/as potenciais estudantes non residentes na cidade da Coruña, sede do título, poden dispoñer desta opción sen necesidade de trasladarse.

Con esta modalidade a distancia adquírense perfectamente as competencias expostas no título. Toda a formación realízase a distancia, mediante a plataforma de teleformación da Universidade (Moodle), excepto a materia de Prácticas externas, que ha de realizarse de forma presencial, que sempre será buscado na comunidade de residencia do/a alumno/a. A avaliación para cada unha destas modalidades, será especificada polos/as profesores/as na guía docente e ambas as modalidades son de dedicación a tempo completo.


2.
Datos básicos

 

Duración 2 cursos

 

Número de prazas ofertadas 30

 

DISTRIBUCIÓN CRÉDITOS
Créditos totais 120.00
Créditos obrigatorios 66.0
Créditos optativos 30.0
Créditos traballo Fin Grao/Máster 12.0
Créditos en prácticas 12.0
Especialidades 30.0

 

Linguas nas que se imparte Galego e Castelán


Normas de permanencia:

http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/PERMANENCIA.pdf

 

3. Plan de estudos e estrutura

Os estudos de mestrado se organizan por módulos: 3 módulos:
- Módulo teórico (TCO.);
- Módulo metodolóxico (MET.) y
- Módulo de TFM e prácticas externas (PRACT.).

Hai dous tipos de asignaturas:
- Obrigatorias (OB.)
- Optativas (OP.)

Ademáis hai tres especialidades:
- Módulo optativo de Migracións (especialidade 1);
- Módulo optativo de Xénero (especialidade 2);
- Módulo optativo de Envellecemento e transformacións familiares (especialidade 3).

 

  Curso Módulo Tipo Cuat. T P Total
Políticas sociais en perspectiva comparada 1 TCO. OB 1C 4 2 6
Austeridade e precariedade na era da globalización 1 TCO. OB 2C 4 2 6
Modelos de provisión do benestar 1 TCO. OB 1C 4 2 6
Dimensión ética e procesos educativos na acción social 1 TCO. OB 2C 3 3 6
Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión 1 TCO. OB 1C 3 3 6
Identidade, alteridade e interseccionalidade 1 TCO. OB 2C 4 2 6
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais 1 MET. OB 1C 2 4 6
Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais 1 MET. OB 2C 2 4 6
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais 1 MET. OB 1C 1 5 6
Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais 1 MET. OB 2C 3 3 6
Integración e convivencia intercultural 2 ESP. 1 OP 3C 2 2,5 4,5
Políticas migratorias e dereito das migracións 2 ESP. 1 OP 3C 3 3 6
Historia e teorías dos movementos migratorios 2 ESP. 1 OP 3C 4 2 6
O modelo migratorio español 2 ESP. 1 OP 3C 1,5 1,5 3
Cooperación, migración e desenvolvemento 2 ESP. 1 OP 3C 2 2,5 4,5
Migracións e mercado de traballo 2 ESP. 1 OP 3C 3 3 6
Historia das teorías feministas 2 ESP. 2 OP 3C 4 2 6
Xénero, traballo e coidados 2 ESP. 2 OP 3C 3 3 6
Xénero e sexualidade. Desafíos e respostas 2 ESP. 2 OP 3C 1,5 1,5 3
Distintas formas de violencia contra as mulleres 2 ESP. 2 OP 3C 2 1 3
Orientación socioeducativa para a igualdade 2 ESP. 2 OP 3C 3 3 6
Políticas de igualdade 2 ESP. 2 OP 3C 3 3 6
Cambios sociodemográficos e territoriais 2 ESP. 3 OP 3C 3 3 6
Políticas de atención ás persoas maiores 2 ESP. 3 OP 3C 3 3 6
Diversidade familiar, relacións interxeracionais e mediación familiar 2 ESP. 3 OP 3C 3 3 6
Intervención socioeducativa con persoas maiores 2 ESP. 3 OP 3C 3 3 6
Aspectos socioeconómicos da vellez 2 ESP. 3 OP 3C 3 3 6
Prácticas externas 2 PRÁCT./TFM OB 4C 0 12 12
Traballo Final de Mestrado (TFM 2 PRÁCT./TFM OB 4C 0 12 12
Deseño de proxectos e traballos de investigación 2 PRÁCT./TFM OB 4C 1 2 3
Taller de actualización e transferencia 2 PRÁCT./TFM OB 4C 1 2 3
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook