ESOMI

cab7.jpg

Por que estudar a titulación

O Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria ofrece a posibilidade ser cursado de maneira presencial ou a distancia. Ademais, ofértanse tres especialidades: Migracións, Xénero, e Envellecemento e transformacións familiares.

O principal obxectivo é proporcionar unha formación especializada e de calidade para persoas que desenvolverán as súas competencias como expertos/as na análise e a avaliación das políticas sociais, pero tamén na acción e intervención social, tanto desde o ámbito profesional como investigador. En consecuencia, serán capaces de analizar criticamente as políticas sociais, coñecer en profundidade a administración e xestión de servizos sociais, intervir na comunidade para o seu desenvolvemento, avaliar fielmente os servizos sociais e prestar atención social ás persoas de maneira integral.

Os obxectivos específicos son:

  • Dotar ao estudantado de ferramentas teóricas e metodolóxicas de investigación en Ciencias Sociais para o estudos dos procesos de exclusión e desigualdade na sociedade actual.
  • Desenvolver coñecementos teórico-prácticos sobre a análise do benestar social das poboacións, así como o deseño das políticas que o melloren.
  • Dominar a análise, tanto cuantitativa como cualitativa, da realidade e os problemas sociais, que permita a definición de indicadores para a avaliación de calquera programa ou proxecto relacionado coa esfera pública ou social.
  • Profundizar no coñecemento de necesidades sociais e na acción e intervención social, con especial referencia a fenómenos actuais, como a inmigración, as minorías étnicas, a violencia de xénero, as transformacións familiares e sociodemográficas, etc.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook