International Network for Comparative Analysis of Social Inequalities

Descrición

Título: International Network for Comparative Analysis of Social Inequalities. Global trends in social inequalities in Europe and Latin America and exploring innovative ways to reduce them through life, occupational and educational trajectories research to face uncertainty (INCASI). 

Entidade financiadora: Unión Europea – Horizon 2020 - Marie Skłodowska-Curie Research and Innovation Staff Exchange (RISE).

Duración: 48 meses

Tipo de participación: A Universidade da Coruña participa como socia, Laura Oso é a responsable na Universidade da Coruña. O Coordinador do Proxecto (“The main coordinator”) é a Universidad Autónoma de Barcelona (UAB). A persoa responsable é Pedro López-Roldán. 

Investigadoras del ESOMI:

- Laura Oso Casas

- Paula Alonso Pardo

- Belén Fernández Suárez

- Montserrat Golías Pérez

- Antía Pérez Caramés

 

- Obdulia Taboadela

Total de universidades participantes: 19 europeas e latinoamericanas. 

 

O proxecto da rede INCASI inscríbese no programa de investigación e innovación Horizon 2020 da Comisión Europea, na sección de Excellent Sciences, destinada a mellorar e consolidar o espazo europeo de investigación.

Coa rede INCASI proxéctase establecer as bases conceptuais e metodolóxicas para, por unha banda, o desenvolvemento dun programa de investigación comparativa internacional a máis longo prazo, e, por outro, deseñar un programa de estudos de posgrao internacional que analice as desigualdades sociais nunha perspectiva comparada.

O obxectivo de INCASI é crear e consolidar unha rede de investigación e de formación de posgrao entre Europa e América Latina en relación á análise das desigualdades sociais nunha perspectiva comparada e derivar elementos de reflexión, de innovación social e recomendacións para as políticas sociais.

O proxecto permitirá a mobilidade de persoal investigador predoutoral e postdoutoral co obxectivo de que os intercambios xeren un consorcio de centros de investigación das universidades. Inicialmente a rede constitúese con 10 universidades europeas e 9 latinoamericanas, intégrana máis de 130 investigadores/as e é liderada pola Universidade Autónoma de Barcelona a través do Instituto de Estudos do Traballo (IET), sede do proxecto, e o Grupo de Investigación en Educación e Traballo (GRET).

De forma específica o proxecto que leva por título Tendencias globais nas desigualdades sociais en Europa e América Latina explorando vías innovadoras para reducilas a través da investigación de traxectorias educativas, ocupacionais e de vida para afrontar a incerteza desenvólvese establecendo 8 obxectivos principais:

Ver: http://incasi.uab.cat/es