ESOMI

cab0.jpg

A nova emigración desde España: perfís estratexias de movilidade e activismo político transnacional (CSO2016-80158-R).

Descrición

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade.  

Duración: 2017-2019

Investigadora responsable: Antía Pérez Caramés. 

RESUMO

A finalidade deste proxecto é a análise dos recentes procesos de emigración desde España a destinos europeos no marco do cambio de ciclo migratorio no noso país e baixo unha perspectiva que considera a articulación das estratexias individuais e familiares e as traxectorias laboral e educativa como explicativas dos proxectos migratorios, á vez que se indaga na creación dunha comunidade política transnacional. A investigación realizarase baixo un dobre ángulo comparativo: a) entre dous grupos de emigrantes: o dos españois autóctonos e o daquelas persoas vinculadas á inmigración a España (xa sexa en tanto que protagonistas, daquela reemigrantes; ou como os seus descendentes das xeracións 1,5 e segunda); e b) entre tres países de destino: Reino Unido, Francia e Alemaña, que sobresaen estatisticamente nas preferencias destes novos emigrantes. A análise comprenderá unha aproximación sociodemográfica ao proceso de emigración desde España; un achegamento socioestructural ás traxectorias dos emigrantes, as súas estratexias migratorias e aspiracións de mobilidade social, entrecruzadas coas dimensións familiar e de xénero; e un estudo das prácticas de activismo transnacional da nova comunidade emigrante española. A metodoloxía combina técnicas de carácter cuantitativo, a través dunha análise sociodemográfica en que se comparan os resultados das fontes españolas e dos países de destino; con outras de corte cualitativo: etnografía multisituada, observación participante, entrevistas semiestructuradas, grupos de discusión e etnografía virtual.

 

MEMBROS DO EQUIPO DE INVESTIGACIÓN

-       Ramón Díaz Hernández. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC)

-       Josefina Domínguez Mújica. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC)

-       Diego López de Lera. Universidade da Coruña (UDC)

-       Raimundo Otero Enríquez. Universidade da Coruña (UDC)

-       Alberto Capote Lama. Universidad de Granada (UGR)

-       Débora Betrisey Nadalí. Universidad Complutense de Madrid (UCM)

MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO

-       Iria Vázquez Silva. Universidade de Vigo (UVIGO)

-       Belén Fernández Suárez. Universidade da Coruña (UDC)

-       Luca Chao Pérez. Universidade da Coruña (UDC)

-       Enrique Ortega Rivera. Universitat Autònoma de Barcelona (UAB)

-       Tatiana López Gonsálvez. Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS)

 

Eventos

 
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook