Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017

Descrición

Entidade financiadora: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Cooperación Galega.  

Duración: 2016-2017.

Investigadora responsable: Belén Fernández Suárez 

 Resumo

O Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña colabora con Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) colaboran para realizar a seguinte investigación financiada por Cooperación Galega. 

Investigación piloto sobre “A participación comunitaria e social das mulleres na xestión de bens do procomún (a auga). Estudo comparado entre Honduras e Galicia”. 

Realización dunha investigación piloto sobre o papel e participación social e comunitaria das mulleres na xestión de recursos de uso común como é o caso da auga. Esta primeira aproximación intentará comparar as realidades das mulleres hondureñas e galegas en entornos rurais en relación á súa participación na xestión e uso de recursos comunitarios a través das xuntas de auga da que forman parte a veciñanza dunha determinada zona. As asimetrías de poder que podemos atopar na sociedade trasládanse ao campo da xestión dos recursos naturais. 

Para determinar qué causas poden influir na maior ou menor participación das mulleres teranse en conta unha serie de factores como: o papel da muller nas distintas sociedades, as normas de pertenza para formar parte dos organismos de toma de decisión adoptadas pola comunidade, as normas sociais (segregación de xénero no espazo público, división de tarefas por razón de xénero e normas de comportamento xeralizadas), percepcións sociais de homes e mulleres dentro da comunidade en relación coa capacidades das mulleres para aportar ao común e ámbito público, nivel de control das estructuras comunitarias por parte dos varóns, características sociodemográficas (idade, estatus social e nivel educativo) [Agarwal, 2001].  O traballo de Eloísa Piñeiro sobre a participación das mulleres na xestión da comunidade de Montes Veciñais de Valadares (Vigo, Galicia) amosa que a parte de estar subrrepresentadas na estructura a súa presenza caracterízase pola falta de poder dentro da estructura (Piñeiro, 2013).

Esta investigación será de tipo exploratorio e empregará unha metodoloxía de carácter cualitativo. Para abordar a mesma farase traballo de campo cualitativo tanto en zonas rurais galegas con comunidades para a xestión da auga (principalmente na provincia de Pontevedra e Lugo) coma nos municipios da mancomunidade de NASMAR no Golfo de Fonseca en Honduras. A técnica de investigación empregada será a recollida de información a través de entrevistas cualitativas con semi-estructuradas a dous tipos de perfiles: a) informantes chave que nos den información relevante sobre a situación das mulleres e a participación en ambos entornos (axentes sociais, líderes sociais e sindicais, organizacións de mulleres, etc. ) e mulleres que están en ditas comunidades e que teñen diversos graos de participación nas entidades de tipo comunitario.  Para o desenrolo de esta investigación contactarase con entidades académicas e sociais que estén traballando neste mesmo campo tanto en Galicia coma en Honduras. Parte dos obxectivos da investigación piloto consiste na creación de redes académica e sociais transnacionais que nos permitan colaborar en futuras colaboracións académicas. 

Equipo de investigación:

- Rosa Cobo Bedia

- Antía Pérez Caramés

- Carmen Castro García

- Francisco Javier Sánchez Lombardero

- Andrea Souto García

- Sandra López Pereiro