ESOMI

cab2.jpg

Proxectos rematados

As implicacións da política social e do modelo migratorio na organización do traballo familiar de coidados

Descrición

Financiado por: Secretaría Xeral da Igualdade de la Xunta de Galicia.

Periodo: 2010 - 2011.

Investigadora principal: Raquel Martínez Buján.

Obxetivo general

O envellecemento da poboación, os cambios nas experiencias socioprofesionales das mulleres e a diminución das redes sociais que apoien os ciudados familiares supoñen un desafío ao labor da protección social e poñen en evidencia as novas fórmulas de atención persoal nos fogares na procura dunha conciliación laboral e familiar. A aprobación dun marco estatal de regulación da dependencia (A Lei de Promoción e Autonomía das Persoas en Situación de Dependencia) coa proliferación das transferencias económicas é na actualidade a resposta institucional para a provisión destes coidados de longa duración. Con todo, e a pesar dese desenvolvemento da política social, a contratación dunha empregada de fogar como coidadora, converteuse na alternativa seguida por moitas familias, nalgúns casos, animadas polo auxe destes subsidios monetarios. A presenza do servizo doméstico modifica a organización dos coidados familiares pero non supón unha división sexual e xeracional máis equilibrada na asunción destas tarefas. A aceleración nas chegadas de poboación inmigrante, feminizada e en situación irregular, propicia que este sector de coidados dentro do servizo doméstico converteuse nun nicho laboral para as persoas estranxeiras e na principal opción para a privatización dos coidados familiares debido aos seus baixos custos comparado con outras opcións máis profesionalizadas (por exemplo, empresas privadas).

A finalidade deste proxecto é analizar as repercusións das novas medidas de protección social que, aprobadas no marco da Lei de Dependencia, están a modificar a estruturación dos coidados familiares. En concreto, centrarémonos en estudar como as novas fórmulas de coidados introducidas por esta norma (subsidios monetarios e ampliación dos servizos sociais) inducen a modificacións na posición das mulleres dentro da organización familiar dos coidados e reverten nunha tendencia cara á privatización no servizo doméstico.

Eventos

 
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook