ESOMI

cab4.jpg

Presentación

A Rede de Estudos de Coidados, Xénero e Cidadanía é un grupo de investigadoras e investigadores especializadas/os nas materias de réximes de coidados, cadeas globais e coidados transnacionais, xénero e cidadanía. A súa creación comezou a xerarse no ano 2009, cando por primeira vez en España se reúnen nun panel do I Congreso da Rede Española de Política Social (REPS) as, ata entón, dispersas contribucións académicas nestes ámbitos, e que permitiu, ademais, a publicación dun número monográfico sobre esta temática na revista "Alternativas. Cadernos de Traballo Social" (n.º 17, ano 2010). A partir desas contribucións, as/os participantes deste panel, acordaron reunirse regularmente coa finalidade de debater os enfoques teóricos axeitados para os estudos destas cuestións e difundir os resultados das súas investigacións individuais. É destas reunións científicas e das discusións que nelas se estableceron onde empezou a desenvolverse a creación desta rede.

A finalidade principal é ofrecer un espazo de difusión das publicacións e actividades máis relevantes do panorama científico nos ámbitos de coidados, xénero e cidadanía que fortaleza e consolide estas liñas de investigación no panorama académico nacional, ao tempo que ofrecer un lugar de transmisión dos nosos traballos ao espazo internacional.

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook