O obxectivo fundamental da rede temática sobre "Migración, xénero e desenvolvemento" é agrupar diferentes investigadoras, coa finalidade de avanzar na investigación, difundir resultados, e deseñar novas propostas de traballo. Os obxectivos específicos que cobre esta rede son os seguintes:
- Leva a cabo intercambios e discusión sobre os avances das diferentes investigacións realizadas.
- Mellora e innovación dos métodos de investigación aplicados ao estudo das migracións e o desenvolvemento.
- Detección das dinámicas e reflexións emerxentes nesta esfera das migracións e o desenvolvemento.
- Servir de vínculo de asesoramento para a reformulación de políticas públicas.
- Deseño e elaboración de propostas de investigación conxuntas, tanto a convocatorias de ámbito nacional como internacional.
- Produción dun coñecemento conxunto a través da posta en común dos avances de resultados das diferentes investigacións nas que están implicados os participantes.
- Deseño de estratexia de especialización e innovación nesta liña de traballo.
- Deseño de publicacións conxuntas.
- Formación de investigadores júnior no ámbito desta liña de investigación.
- Difusión de resultados á comunidade científica a través da programación de xornadas e seminarios.
- Elaboración de estratexias de transferencia de resultados das investigacións ao sector produtivo e ás administracións públicas.
- Realización de recomendacións para a implementación de políticas vinculadas á migración e o desenvolvemento, dende unha perspectiva de xénero.