A finalidade principal deste informe é coñecer o número e as características sociodemográficas da poboación dependente en Galicia, así como a adecuación dos servizos sociais ás demandas asistenciais deste colectivo. As referencias principais realizáronse con respecto á poboación dependente maior de 65 anos, por ser este colectivo o que presenta situacións de maior necesidade de axuda dunha terceira persoa para desenvolverse nas actividades da vida diaria. |