Andrea Souto García

Profesora Interina de Substitución

Andrea Souto é doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento -con mención internacional- pola Universidade da Coruña (2022). Ten un Máster en Migracións Internacionais pola Universté de Poitiers, Francia (2016) e é graduada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2014), onde é tamén profesora substituta na Facultade de Socioloxía.  É membro do ESOMI desde 2017. Realizou a súa tese “Colombiana en España e brasileiras en Portugal. Unha análise interseccional das migracións das mulleres no espazo transnacional/poscolonial”, cun contrato FPU e baixo a dirección de Laura Ouso.

Na actualidade é investigadora posdoctoral no proxecto europeo Carewell-TF ((https://jp-demographic.eu/projects/carewell-tf/) e investigadora do proxecto europeo INCASI 2 (https://webs.uab.cat/incasi/).

Ata a data participou en 10 proxectos, europeos, do plan nacional e autonómicos. Realizou estancias de investigación en distintas institucións internacionais, a University of Leeds (Reino Unido), o COLEF (México), a Universidade de São Paulo (Brasil), Aix-Marseille Université (Francia), entre outras. Publicou diversos artigos en revistas de impacto e capítulos de libro en editoriais de prestixio.

Os intereses de investigación de Andrea inclúen as migracións das mulleres do Sur global, as interseccións entre as identidades etnosexuales, a política migratoria e os mercados laborais e matrimoniais  transnacionales. As dinámicas de sexualización/racialización,  os procesos de fronterización física e simbólica e a violencia de fronteira son temas transversais no seu labor investigador.

 

andrea.souto@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC