O Equipo Sociedades en Movemento, ESOMI, aglutina investigadoras e investigadores de diferentes disciplinas das ciencias sociais, tales como: socioloxía, antropoloxía, demografía, ciencia política, comunicación e historia. Todas as persoas integrantes están comprometidas coa análise científica das mobilidades sociais, tanto referentes aos desprazamentos humanos, como aos cambios nas posicións da estrutura social. Desta maneira, a especialidade do ESOMI é o estudo das desigualdades sociais desde un enfoque interseccional.

  • Debido á orixe histórica do grupo, unha gran parte das persoas investigadoras son expertas no ámbito das migracións internacionais e as súas dinámicas sociais. O ESOMI creouse no ano 2004 co liderado de Antonio Izquierdo Escribano, catedrático emérito de Socioloxía, cun equipo de persoas comprometidas en caracterizar a configuración do contexto español como un país receptor de inmigración. Desde o ano 2011 foi coordinado por Laura Oso, catedrática de Socioloxía especializada en xénero e migracións. A partir do ano 2020, o grupo foi ampliando as súas temáticas de investigación e abríndose a analizar cuestións centradas nas mobilidades sociais desde unha perspectiva interdisciplinaria. Desde o ano 2024, o equipo é coordinado por Raquel Martínez Buján, profesora titular, analista das dinámicas laborais das mulleres migrantes e especialista no ámbito da provisión de coidados e as desigualdades que leva consigo a súa distribución.

    O ESOMI ten a súa sede na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e, desde o ano 2006, forma parte do programa de «Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas» da Xunta de Galicia. É un grupo de investigación con elevada repercusión científica que mantén altos niveis de excelencia académica mediante o liderado en proxectos competitivos e a participación en redes internacionais de prestixio como a International Migration Research Network (IMISCOE) entre outras. De feito, a Axencia Estatal de Investigación cualificouno na súa valoración trianual cunha puntuación de 95 sobre 100.

    Así mesmo, presenta un forte compromiso coa transferencia de resultados á sociedade civil mediante a súa colaboración, tanto con organismos nacionais e internacionais que inciden na elaboración das políticas públicas, como na aparición cotiá en medios de comunicación. Ademais, promove a inclusión de metodoloxías participativas de investigación orientadas á ciencia aberta e cidadá e fomenta a formación académica a través da promoción do Máster Oficial de Políticas Sociais e Intervención Comunitaria (MOPS), cuxa sede se encontra na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Asilo, refuxio e fronteiras

Benestar, coidados e mobilidades

Corpos en movemento: antropoloxía do corpo e as emocións

Desigualdades na sociedade móbil

Dinámicas migratorias

Envellecemento, despoboamento e inmobilidades

Identidade e cidadanía móbiles

Migración e Desenvolvemento

Movementos sociais e acción colectiva

Políticas migratorias

Raza e xénero na sociedade global

Xénero e dinámicas dos mercados laborais


ACTUALIDADE

Comments Box SVG iconsUsed for the like, share, comment, and reaction icons

📢 Últimos días para participar na I Edición dos Premios AGS ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG)!

A Asociación Galega de Socioloxía (AGS) convoca estes premios para recoñecer a excelencia académica e impulsar a investigación sociolóxica nas universidades galegas.

🎓 Poden presentarse TFG do Grao en Socioloxía e doutras titulacións que incorporen unha análise sociolóxica rigorosa.

📅 O prazo remata o 30 de outubro ás 14:00 h.

🔗 Consulta as bases e toda a información da convocatoria:
ags-socioloxia.com/portfolio/i-edicion-dos-premios-ao-mellor-tfg/

#Socioloxía #PremiosAGS #TFG #Investigación #universidadesgalegas
... Ver másVer menos

📰 «Brechas salariales y burocráticas: El sistema condena a las migrantes a la subocupación»

Nuestra compañera, Belén Fernández Suárez, analiza en una entrevista con la Agencia EFE las desigualdades laborales que afectan a las mujeres migrantes y sus consecuencias a lo largo de la vida.

🔎 Las dificultades para acceder a empleos acordes con su formación, la concentración en el sector de los cuidados y las bajas cotizaciones condicionan sus trayectorias laborales y sus condiciones de vida al llegar a la jubilación.

La entrevista se realizó con motivo del Seminario Internacional «Movilidades, reproducción social y desigualdades globales», organizado por ESOMI y Mulleres á Fronte y celebrado los días 22 y 23 de octubre en A Coruña.

🔗 efe.com/galicia/2026-10-24/brechas-salariales-y-burocraticas-el-sistema-condena-a-las-migrantes-a...

#Cuidados #Desigualdades #MujeresMigrantes
... Ver másVer menos

Entrevista Belén Fernández Suárez
+

📢 Hoxe en Bos Aires
Belén Fernández Suárez (ESOMI-CISPAC) imparte a conferencia 🗣️ “O ‘cuarto cultural propio’ no exterior: o activismo político da recente vaga emigratoria galega en Europa” 🕓 16:00 h
📩 Inscrición: catedralibrecastelao@filo.uba.ar

#DiásporaGalega #Activismo

📖 Carlos Diz y Eleder Piñeiro (ESOMI-CISPAC) publican un capítulo sobre “métodos etnográficos experimentales” en la Elgar Concise Encyclopedia of Research Methods in the Social Sciences.👉 https://www.elgaronline.com/display/book/9781803921303/chapter10.xml

#Etnografía #Metodología #CienciasSociales

+