BENESTAR, COIDADOS E MOBILIDADES
Análises da sustentabilidade, reprodución e coidados: análise dos procesos de sostemento diario que inclúen tanto as actividades de coidados ás persoas como cara á contorna; exploración das desigualdades de xénero, clase social e etnia nas accións diarias de reprodución e mantemento da vida; estudo desde unha perspectiva crítica, os límites do crecemento económico para manter unha vida que sitúe os coidados no centro; Políticas de atención á dependencia.
DESIGUALDADES NA SOCIEDADE MÓBIL
Xénero e desigualdades na esfera pública (política, social, laboral etc.); escola, tempos educativos e Estado: Experiencias escolares e educativas dos/as fillos/as da migración. Usos do tempo nas adolescencias migrantes; Desvantaxe educativa e responsabilidade do Estado na traxectoria escolar.
DINÁMICAS MIGRATORIAS
Estudo da dinámica de crecemento das poboacións (natalidade, mortalidade, migracións, estrutura de idade); análise dos fluxos de migración internacional (inmigración, emigración, retorno); dinámicas migratorias en Galicia; estudos da diáspora; estudo das consecuencias económicas, sociais, políticas e culturais; demografía crítica.
ENVELLECEMENTO, DESPOBOAMENTO E INMOBILIDADES
Análise dos procesos de envellecemento demográfico; análise das áreas e rexións afectadas polo despoboamento e a revitalización destas co asentamento da migración procedente do estranxeiro; estudo dos procesos de envellecemento das persoas inmigrantes en España.
XÉNERO E DINÁMICAS DOS MERCADOS LABORAIS
Estudo da precarización do traballo na globalización: estudo da feminización, informalización e precarización do emprego nas sociedades; relación entre traballo e vida, traballo formal e traballo informal. Xénero, migración e mercado de traballo: estudo dos sectores de emprego das mulleres inmigrantes (servizo doméstico, traballo sexual, empresariado étnico).
IDENTIDADE E CIUDADANÍA MÓBILES
Análise da memoria histórica e cultural, transmitida de xeración en xeración no seo das familias migrantes, como xeradora de identidade (política, relixiosa…) e como impulsora das decisións tomadas no presente polos descendentes da emigración histórica; vínculos existentes entre mobilidade e cidadanía; actitudes cara á inmigración; relación entre identidade e relixión; transfondo cultural das migracións na España contemporánea.
OS LEGADOS HISTÓRICOS DOS DEREITOS DE MOBILIDADE HUMANA
Esta liña de investigación céntrase en resaltar o valor da análise histórica e crítica dos legados normativos sobre os dereitos de mobilidade humana no proceso de construción europea para abordar os desafíos actuais da libre circulación de persoas na Unión Europea (UE).
MIGRACIÓN E DESENVOLVEMENTO
Estudo da capacidade dos migrantes para promocionar o desenvolvemento dos seus países de orixe e dos países de destino a partir dos procesos de mobilidade laboral e social derivados da acumulación de capitais financeiros e sociais a partir do seu desprazamento; análise das estratexias intra e interxeracionais de mobilidade social; cooperación e desenvolvemento sustentable; xénero e cooperación.
Un equipo multidisciplinario, móbil, que aplica metodoloxías diversas, desde a explotación de fontes secundarias, a análise cualitativa, traballos de campo multisituados, metodoloxías participativas e multidisciplinarias en que experimenta con técnicas de xeografía e antropoloxía audiovisual.