Keina Espiñeira

Profesora Axudante Doutora

Keina Espiñeira é Doutora en Ciencias Políticas e da Administración (Universidade Complutense de Madrid, 2016) e Mestría en Dirección de Cinema Documental (Universidad de Alcalá, 2014). As súas liñas de investigación céntrase nas políticas de migración, asilo e fronteiras desde perspectivas e enfoques críticos como son as teorías pos-coloniais e os estudos de raza. Realizou gran parte do seu traballo na rexión do Mediterráneo Occidental, nomeadamente en Marrocos, Ceuta e o Estreito de Xibraltar. Está interesada en comprender as transformacións contemporáneas das fronteiras en tanto que procesos de orde socio-espacial, así como o seu impacto nas percepcións, imaxinarios e representacións do territorio e a identidade. Actualmente, desenvolve a súa investigación principal na análise das fronteiras interiores e as políticas de acollida e integración de persoas migradas e refuxiadas en Europa. Sobre estes temas participou en proxectos de investigación internacionais (ERC, H2020, Erasmus +, Erasmus Battuta e FP7) e programas estatais de I+D+i (Goberno de España).

Destaca a súa experiencia de investigación-artística na aplicación de linguaxe e metodoloxías audiovisuais. Os seus traballos foron exhibidos e premiados en festivais e museos internacionais, incluídos MoMA Nova York, Toronto, Rotterdam, Roma e Bos Aires, entre outros. A sua curtamentraxe “Tout le monde aime le bord de la mer” foi nomeada mellor curtametraxe europea pola European Film Academy en 2016. Recentemente foi coordinadora do proxecto “Coidados na diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España” financiado polo Instituto das Mulleres (Ministerio de Igualdade, 2023)

É membro do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Estudos de fronteira, políticas de acollida e refuxio, dereitos humanos, teorías pos-coloniais, antirracismo, cinema documental, metodoloxías audiovisuais.

 

keina.espineira@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC