Clara Bobillo
Contratada Predoutoral FPU
Clara Bobillo é investigadora predoutoral na Universidade da Coruña (UDC) a través do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Obtivo o grao en Socioloxía (UDC) en 2020 e o Máster en Formación do Profesorado en 2022 (UDC). Recibiu o Premio Extraordinario Fin de Carreira e o Premio Extraordinario Fin de Máster, respectivamente. Ten experiencia como analista de datos por un contrato FUAC (UDC) e colaborou previamente con departamentos universitarios a través dunha bolsa de colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Actualmente, baixo a dirección de Mónica Ferrín e Carlos Diz, traballa na súa tese de doutoramento sobre o carácter político-participativo e a brecha de xénero da actividade deportiva que se realiza no espazo público urbano.