Traballo de coidados de longa duración en residencias de persoas maiores: retos e iniciativas para unha atención centrada na persoa (CUIDARES)

Código:  PID2024-161882NA-I00

Entidade financiadora: Proyectos de Generación de Conocimiento. Agencia Estatal de Investigación. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

Duración: 01/09/2025 – 31/08/2028

Cuantía da subvención: 39.625 €

Investigadora Responsable: Moré Corral, P. (UDC)

Entidades participantes: Universidad de Castilla-La Mancha, Universidad de Vigo, Universidad des Illes Balears, Universidad Complutense de Madrid, Universidad Rey Juan Carlos.

Resumo do proxecto:

Esta investigación aborda un dos principais desafíos sociais aos que se enfrontan as sociedades envellecidas: o modelo de coidados de longa duración nos centros residenciais para persoas maiores. Analiza o modelo de residencias desde unha perspectiva crítica que vincula a organización do traballo e a precariedade laboral coa calidade de vida e o benestar das persoas residentes.

O obxectivo principal é contribuír ao avance do coñecemento sobre o modelo de coidados nos centros residenciais para maiores en España, facendo fincapé nas transformacións necesarias para garantir a inclusión social, a calidade da atención e a mellora das condicións laborais.

Os obxectivos específicos do proxecto estrutúranse arredor de catro eixes analíticos: 1) modelos de xestión e organización do traballo; 2) as condicións de traballo e de vida das traballadoras das residencias; 3) o benestar e a calidade de vida das persoas residentes; e 4) a posta en marcha de iniciativas destinadas a proporcionar atención centrada na persoa.

A metodoloxía do proxecto é principalmente cualitativa, aínda que tamén se emprega unha abordaxe estatística do sector. Empregaranse técnicas cualitativas como entrevistas semiestruturadas, grupos focais e observación directa. O traballo de campo realízase en catro comunidades autónomas diferentes (Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid, Galicia e Illas Baleares) para explorar a diversidade territorial no contexto nacional.