Carlos Diz
Profesor Axudante Doutor
Carlos Diz é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. É investigador do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Licenciado en Socioloxía e Doutor en Antropoloxía Social e Cultural, as súas principais áreas de atención son a acción colectiva e os movementos sociais, os estudos urbanos, a antropoloxía política do corpo e as emocións, os estudos feministas da precariedade, as in/mobilidades e o traballo de campo etnográfico. A súa tese de doutoramento «Políticas e tácticas do corpo: retablos da cidade activista» (2016) obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude e o Premio Extraordinario da Universidade da Coruña. Realizou estadías de formación e investigación na Université de Bretagne Occidentale e a Université de Bordeaux (Francia), o Instituto de Investigacións Gino Germani da Universidade de Buenos Aires (Arxentina), a Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de Chile (Chile), a West University of Timișoara (Romanía) e o Institut für Humangeographie da Goethe Universität en Frankfurt am Main (Alemaña).
Entre as súas últimas publicacións inclúense: os artigos «Caring Democracy Now: Neighborhood Support Networks in the Wake of the 15-M» (2023. Social Movement Studies, con Brais Estévez e Raquel Martínez-Buján), «Métodos etnográficos experimentais: a etnografía itinerante nunha sociedade in/mobilizada» (2023. Revista Andaluza de Antropoloxía) e «Reaprendiendo a trabajar: saberes que cuidan en el manejo de algoritmos entre riders» (2023. Disparidades. Revista de Antropología, con Paula González Granados e Amaia Prieto Arratibel); os capítulos «The Lost City: The Pathos of Arab Jerusalem» (2023. Palgrave, con Arpan Roy), «Una antropología de los movimientos sociales? Paisajes activos y etnografías de la perturbación» (2024. Tirant lo Blanch) e «Saberes migrantes: alianzas precarias y activismo transnacional de la nueva diáspora española» (2024. Tirant o Blanch, con Belén Fernández-Suárez); a entrada de enciclopedia «Platform Capitalism» (2023. Oxford Research Encyclopedia of Anthropology, con Maribel Casas-Cortés e Montserrat Cañedo Rodríguez); a exposición fotográfica «Vidas Rider» (2024. Centro Joaquín Roncal, coordinada por Paula González); e o libro «‘No nos vamos, nos echan’: las luchas contra la precariedad de la nueva diáspora española» (2024. Tirant lo Blanch, con Belén Fernández-Suárez).