Antía Eijo Mejuto
Contratada predoutoral Xunta de Galicia
Antía Eijo Mejuto é contratada predoutoral pola Xunta de Galicia na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. É graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela (2018) e cursou o Máster en Estudos Interdisciplinarios de Xénero na Universidade Autónoma de Madrid (2020), polo que obtivo o accésit honorífico dos Premios Mayte Gallego pola súa investigación «Mujeres migradas, violencias y crisis de cuidados: diagnóstico, respuestas y propuestas de la Red de Mujeres latinoamericanas y del Caribe en España frente al COVID-19».
Do mesmo xeito, o seu Traballo Fin de Grao foi publicado na Revista Galega de Traballo Social «Fervenzas» no ano 2020, baixo o título «Imaxinario das traballadoras sociais do Concello de Santiago de Compostela: unha análise cualitativa dende a perspectiva de xénero».
Nos últimos anos, Antía exerceu como traballadora social e técnica de intervención social no ámbito das migracións e do desenvolvemento rural. En liña con isto, os seus intereses de investigación centráronse principalmente no xénero, as migracións e os coidados. Actualmente, desenvolve a súa tese de doutoramento sobre a economía social nos coidados de longa duración, en que se centra no papel das cooperativas de traballadoras do fogar e dos coidados.