Leticia Santaballa santos

Contratada proxecto

Leticia Santaballa Santos é técnica de apoio á investigación contratada no marco da Axuda de Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas (ED431C_2022/45), na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. É licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Cooperación ao Desenvolvemento con especialidade en Xestión Integral do Desenvolvemento local pola Universidade de Valencia e Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria con especialidade en migracións na Universidade da Coruña.

Leticia está a escribir a súa tese de doutoramento sobre a acollida de persoas migradas en zonas rurais españolas en proceso de desvitalización, vinculada ó proxecto H2020 “Investing in ‘Welcoming Spaces’ in Europe: revitalizing shrinking areas by hosting non-EU migrants (WELCOMING SPACES) (Grant nº 870952) e participa como investigadora no proxecto Horizon Europe Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA), Staff Exchange, títulado: A New Measure of Socioeconomic Inequalities for International Comparison (INCASI 2) destinado á construción dun novo modelo analítico das desigualdades socioeconómicas.

Alternando períodos de traballo en terreo con outros academicamente activos en España, Grecia e Francia, investigou sobre iniciativas multinivel para a recepción de solicitantes de asilo na Península e traballou como técnica de intervención social de persoas migrantes, técnica de inserción socio-profesional de mozos/as adultos/as en zonas deprimidas economicamente a través da mobilidade internacional, axente de participación local de persoas en risco de exclusión social e coordinadora da área educativa de espazos onde residían temporalmente persoas solicitantes de protección internacional. Como consecuencia da súa traxectoria ligada ao terreo, ofrece unha investigación comprometida cos movementos sociais, multidisciplinaria e para a que busca enfoques críticos e innovadores.

 

leticia.santaballa@udc.es

ORCID profile

Google Scholar profile

UDC profile