INCASI2. A New Measure of Socioeconomic Inequalities for International Comparison (INCASI 2) – 101130456
- Convocatoria:HORIZON-MSCA-2022-SE-01-01
- Financiamento: Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA)
- Duración:48 meses (01/11/2023 – 31/10/2027)
- Tipo de participación: a Universidade da Coruña participa como socia, Laura Oso é a responsable na Universidade da Coruña. O coordinador do proyecto (The main coordinator)é a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). As persoas coordinadoras son Pedro López-Roldán e Sandra Fachelli.
- IP na UDC(socia): Laura Oso
- Contía:1 614 600 euros
- Contía da subvención para a UDC:82 940 euros.
Obxectivos:
«O obxectivo xeneral do proxecto INCASI2 é establecer unha rede global intersectorial de expertos que traballen nun programa de investigación conxunto dirixido a construír un novo modelo analítico de desigualdades socioeconómicas co fin de:
- Producir avances efectivos na comprensión dos complexos fenómenos das desigualdades socioeconómicas para crear un novo marco analítico a nivel comparativo e interdisciplinario nun contexto de sociedades en ʻcrise permanenteʼ.
- Construír unha medida multidimensional innovadora (DYSIC: Dinámica da Desigualdade Socioeconómica Comparada) adaptada ás novas realidades configuradas neste contexto, que sexa global, máis comprensiva e realista na análise comparativa das desigualdades entre Europa e América Latina e o Caribe, e para o seguimento da situación e evolución das desigualdades. Consideramos 3 variantes de DYSIC 1) incluíndo 3 dimensións principais como base (educación, ocupación e ingresos) 2) engadindo a dimensión de xénero e 3) engadindo tendencias dinámicas.
Crear o Living Lab INCASI para elaborar diagnósticos, contribuír á toma de decisións informadas e ao deseño de políticas públicas. Está deseñado para mellorar o proceso de innovación mediante a adopción de tres principios fundamentais: o fomento dunha estratexia de innovación aberta e colaborativa, a utilización dunha metodoloxía centrada na promoción da calidade de vida das persoas e a creación dunha contorna para o pensamento e a acción interdisciplinarios que permitan a participación de diversos axentes socioeconómicos, políticos e científicos.
Estes obxectivos alcanzaranse coa colaboración dunha rede interdisciplinaria, intersectorial e internacional para a Análise Comparativa das Desigualdades Socioeconómicas (INCASI) con 29 organizacións: 14 universidades da UE de 6 países, 11 universidades e 4 organizacións non académicas de 7 países de ALC e EEUU, para facer fronte a un dos problemas máis relevantes das nosas sociedades: as desigualdades socioeconómicas, e promover os valores europeos de xustiza social».
Ligazón web: https://webs.uab.cat/incasi/