Ana Ballesteros
Investigadora Ramón y Cajal
Ana Ballesteros Pena é investigadora Ramón y Cajal na Universidade da Coruña desde setembro de 2025. Anteriormente, foi investigadora Marie Skłodowska-Curie (UNA4CAREER-COFUND) na Universidade Complutense de Madrid (UCM), onde dirixiu o proxecto GEIPP Gender Equality and Intersectionality in Prison Policies: A Multi-Governed Analysis (2023-2025). Así mesmo, foi investigadora do Programa de Atracción de Talento (Comunidade de Madrid) (2022) na UCM e investigadora principal do proxecto Governmigration sobre a detención de inmigrantes en España e Canadá, no marco dunha Marie Skłodowska-Curie Global Fellowship na Universidade da Coruña e na Universidade de Toronto (Canadá) (2018-2021). As súas principais liñas de investigación inclúen xénero e castigo, políticas penitenciarias, detención de inmigrantes, control fronteirizo e políticas de igualdade de xénero.
É doutora en Socioloxía pola Universidade de Barcelona (2017), cunha tese titulada Modelos e prácticas contemporáneas de encarceramento feminino no Estado español: ¿Políticas de igualdade ou novas estratexias de control das mulleres encarceradas?. A súa investigación doutoral analizou o encarceramento feminino no sistema penitenciario español, con especial atención ás políticas penitenciarias implementadas desde comezos do século XXI.
Entre as súas publicacións recentes destacan: (2025) Ensamblajes del poder penal: los módulos de respeto de mujeres en las prisiones españolas. Política y Sociedad, 62(1), e95320. https://doi.org/10.5209/poso.95320; (2025) Transformaciones en el archipiélago del control migratorio en España: el caso de las Islas Canarias. Scripta Nova, 29 (1), 103-129 https://doi.org/10.1344/sn2025.29.46775; (2024) Gender Equality Policies “Confined”: Adopted Frames in the Prison System in Spain, Social Politics: International Studies in Gender, State & Society, 31 (4): 657–680, https://doi.org/10.1093/sp/jxae018 (con María Bustelo) y (2024). The obsolescence of detention: Versatility, expendability and plasticity in the field of immigration confinement. Punishment & Society, 26(3), 527- 46 https://doi.org/10.1177/14624745231218472 (con Cristina Fernández Bessa e José A. Brandariz).
Tamén foi coeditora, xunto a Cristina Fernández Bessa (UDC), do número especial The changing landscapes of immigration detention publicado en 2024 en Punishment & Society, 26(3), 455-464 e do libro Gender Equality Behind Bars: A Feminist Comparative Approach to penality policies, xunto con Amy G. Mazur (WSU, USA) e María Bustelo (UCM, España) (Springer, 2025).