Antía Pérez Caramés

Profesora Contratada Doutora

Antía Pérez-Caramés é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. É integrante tamén do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da mesma Universidade. É membro asociada do laboratorio MIGRINTER, da Universidade de Poitiers, e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Ten 3 sexenios de investigación.

Ten sido Directora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación (2017-2021) e Coordinadora do Mestrado universitario Oficial en Migracións Internacionais (MOMI) (cursos 2014/2015 a 2015/2016 ) e do Mestrado universitario Oficial en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (cursos 2016/2017 a 2018/2019). Na actualidade é a Coordinadora local da rede EuMIGS que agrupa a 13 centros de investigación en 10 países europeos que ofrecen formación de mestrado en migración internacionais, así como do Acordo franco-español de mestrado en migracións internacionais, AFEMMI, coa Universidade de Poitiers, Francia.

Forma parte do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.

Doutora en Socioloxía (2010, Universidade da Coruña), as súas liñas de investigación sitúanse no entrecruzamento dos estudos migratorios e os estudos feministas e de xénero, no marco dos que ten abordado temáticas como a inmigración en España, a emigración de España (retorno, migracións sucesivas, “nova diáspora”), o traballo de coidados e o envellecemento da poboación. As súas prácticas investigadoras incorporan unha dimensión participativa e hibridan a linguaxe académica coas prácticas artísticas, no contexto das cales ten coproducido a película documental “Si ka badu ka ta biradu”, sobre a migración de mulleres caboverdianas en España.

Ten sido investigadora principal de 2 proxectos do Programa Nacional de I+D+i e de 2 proxectos de investigación en materia de cooperación ao desenvolvemento de financiamento autonómico. Na actualidade está a dirixir o proxecto de I+D+i “Crises, dinámicas migratorias e condición de vida da poboación migrante en España. Análise comparada dos efectos da Gran Recesión e a Gran Pandemia” (PID2020-118716RB-I00), período 2021-2024. Está participando, no seo do colectivo investigador Mulleres á Fronte, do proxecto “Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música” (Xunta de Galicia, 2023-2024) e do proxecto artístico e de investigación “Coidados na diáspora. Unha autoexploración fotográfica de mulleres caboverdianas en España” (Instituto de las Mujeres, 2023-2024).

Ten realizado estadías de investigación en prestixiosos centros como o Departamento de Estudos Étnicos da Universidade de California Berkeley, o laboratorio MIGRINTER da Universidade de Poitiers, o Center for Comparative Immigration Studies da Universidade de California San Diego, o Centro de Estudos Geográficos da Universidade de Lisboa e a Unité de Recherches Migrations et Sociétés da Universidade Paris Cité. Ten sido profesora convidada nas universidades de Poitiers e Côte d’Azur, ambas en Francia.

É parte do Comité Editorial das revistas Migraciones, Revue Européenne des Migrations Internationales (REMI) e Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas.

antia.perez@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC