Mónica Ferrín Pereira
Profesora permanente laboral
Mónica Ferrín Pereira profesora permanente laboral na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Desenvolve dúas liñas de investigación principais, a camiño entre a ciencia política, a socioloxía e a psicoloxía. Unha primeira liña de investigación está enfocada no estudo do apoio á democracia entre a cidadanía europea: que tipo de democracia apoia, como avalía as súa democracia e en como afectan as actitudes cara á democracia ao seu comportamento político. A segunda liña de investigación ocúpase das desigualdades de xénero no ámbito político e na esfera pública, tratando de dar resposta a dúas preguntas fundamentais: por que existen esas desigualdades e que podemos facer para romper a fenda de xénero na política. Entre as últimas publicacións vencelladas a estas liñas de investigación están:
(en prensa) Ferrín, Mónica e Hanspeter Kriesi (eds.). How Europeans view and evaluate democracy revisited. Oxford University Press.
(2023) Ferrín, Mónica y Gema García-Albacete. ‘Disinterested or Enraged? Understanding People’s Political Interest’. Acta Politica. Early view.
(2023) Calvo, Álvaro and Mónica Ferrín. ‘Gendered Issue Priorities and Radical Right Vote: Is There a (Mis)Match?’. European Journal of Politics and Gender. Early view.
(2023) Ferrín, Mónica. ‘Self-employed Women in Europe: Lack of Opportunity or Forced by Necessity?’. Work, Employment and Society, 37(3).