Antía Domínguez Rodríguez

Profesora Axudante Doutora

Antía Domínguez Rodríguez é profesora axudante doutora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC) e colabora co grupo de investigación da Universidade do País Vasco, OPIK- Grupo de Investigación en Determinantes Sociais da Saúde e do Cambio Demográfico. Ademais, é coordinadora do Mestrado Oficial en Políticas Públicas e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da UDC.

Con formación en Socioloxía e Estatística, especializouse en demografía a través do Mestrado en Estudos do Territorio e da Poboación, especialidade de demografía, no Centre d’Estudis Demogràfics (CED) e na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Posteriormente obtivo o doutoramento en Demografía, con mención internacional no CED (UAB) co título de tese “Saúde, xénero e educación na transición á xubilación”, cunha bolsa FPI vinculada ao proxecto “Acicates en la prolongación de la vida laboral: salud, formación y formas de convivencia (CSO2013-48042-R”. Anteriormente traballou no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, ámbito co que mantén vínculos a través de diversas colaboracións con ONG e outras organizacións.

Participa no proxecto de investigación Proxecto I+D+i “Crisis, dinámicas migratorias y condiciones de vida de la población migrante en España. Análisis comparado de los efectos de la Gran Recesión y la Gran Pandemia” (Referencia: PID2020-118716RB-I00), (2021-2024) coa investigadora principal Antía Pérez Caramés.

Realizou varias estadías de investigación que enriqueceron a realización de diferentes traballos. A última foi en marzo de 2023 na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria financiado pola Axuda á Investigación da UDC.

As súas liñas de investigación céntranse na demografía, o envellecemento da poboación, as transicións laborais, a saúde e as desigualdades sociais, todo dende unha perspectiva de xénero. Entre as súas publicacións destacan: Miedos e inquietudes ante la pandemia en España: un análisis exploratorio de las desigualdades sociales. (2023) Revista Española De Sociología (autora: Antía Domínguez Rodríguez); The Active Ageing Index and policy making in Italy.  (2021). Ageing and Society (autores: Andrea Principi, Mirko Di Rosa, Antia Dominguez, Maria Varlamova, Francesco Barbabella, Giovanni Lamura, Pietro Checcucci, Marco Socci); Desigualdades sociales en salud en población mayor: una aportación desde la salud pública al debate sobre el retraso de la edad de jubilación en España. (2019) Gaceta Sanitaria (autores: Unai Martín, Antía Domínguez-Rodríguez, Amaia Bacigalupe).

 

a.drodriguez@udc.es

Perfil Orcid

Perfil GoogleScholar

Perfil UDC