Antonio Izquierdo
Catedrático de Socioloxía – Emérito
É licenciado e doutor en Socioloxía co número 1 e premio extraordinario de licenciatura e de doutoramento pola Universidade Complutense de Madrid. Diplomouse tamén en Matemáticas e Informática das Ciencias Sociais polo Centre Nacional de la Recherche Scientifique (CNRS) e en Socioloxía Política no Instituto de Estudos Políticos.
Académico na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas é membro da Académie Européene des Sciences, des Arts et des Lettres. Premio Nacional de Investigación do Consello Económico e Social de España CES na convocatoria de 2001. Foi o representante de España na OCDE de 1989 a 2008, en calidade de experto en Migracións Internacionais.
A Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) recoñeceulle 36 anos de actividade investigadora (6 sexenios) ao longo da súa carreira académica. A súa área de investigación preferente é a política migratoria. Dous dos artigos máis recentes serían «Política de inmigración y ciudadanía en el nuevo escenario: algunas propuestas » (2016) e «Integrar para regular: tres hipótesis de trabajo para una política de inmigración a medio y largo plazo » (2019). Os seus últimos libros son: Crítica de la inmigración imaginada (2016), Mareas de pluralismo. Minorías religiosas en Galicia (2014), Políticas de control migratorio: estudio comparado de España y Estados Unidos (2012) e La migración de la memoria histórica (2011).