Belén Fernández Suárez

Profesora Contratada Doutora

Belén Fernández Suárez é Profesora Contratada Doutora na Facultade de Socioloxía da UDC. A súa actividade investigadora foi recoñecida por 2 sexenios de investigación (2006-12, 2013-18) resoltos en 2022 e 2023. Está acreditada a profesora titular de universidade pola ANECA (2023). Na súa tese realizou unha comparativa autonómica de políticas de integración de inmigrantes coa que conseguiu unha mención internacional e o premio extraordinario de doutorado na UDC no ano 2015. É membro do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da  UDC, grupo de investigación considerado como de excelencia pola Xunta de Galicia desde 2006 e que á súa vez pertence á rede europea de estudos migratorios “International Migration, Integration and Social Cohesion” (IMISCOE). Ademais, Belén tamén forma parte como investigadora do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF, UDC). Foi coordinadora do Máster Oficial de Políticas Públicas e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) desde 2019 a 2023, que forma parte da rede europea de posgraos europeos especializados en estudos migratorios [EuMigs].

As principais liñas de investigación céntranse en tres eixes: a) a análise das políticas migratorias comparadas, especialmente, focalizada nas políticas de integración de inmigrantes en España a nivel autonómico e municipal; b) o estudo das relacións de xénero e inmigración que se focalizan na análise das migracións caboverdianas en España aplicando metodoloxías innovadoras á investigación cun enfoque artístico (Mulleres á Fronte); e finalmente, c) o estudio sobre de migracións cualificadas, concretamente, as mobilidades intraeuropeas protagonizadas por españoles cara a países europeos.

Estes intereses académicos dan lugar a unha produción científica que inclúe: 14 artigos en revistas indexadas (4 JCR, 10 Scopus), 5 libros en editoriais SPI (2 monografías como autora única, 1 monografía escrita por 4 autoras, 2 obras coordinadas por 2 autores/as), coordinadora de 2 números monográficos (Papers. Revista de Sociología en 2024 y Journal of International Migration and Integration en 2024); e foi autora de máis de 25 capítulos de libros en editoriais SPI. Belén participou activamente en congresos, coloquios e reunións científicas, tanto nacionais como internacionais, como por exemplo:  FES, IMISCOE, IPSA, ESA, e ASAEE. Esta participación pode sintetizarse na coordinación de 4 paneis (IPSA, IMISCOE, AEMI e ASAEE), e na presentación de 86 comunicacións (40 en congresos internacionais e 46 en nacionais). En 2023 organizou o EuMigs Workshop on Knowlodge Transfer dentro del Erasmus+ Cooperation Partnership KA220-HED, e o seminario internacional Intra-European mobility in times of permanent crisis. Trends and emerging issues como resultado do proxecto EMIGRAREIN.

Como investigadora colaborou en 22 proxectos de investigación competitivos ao longo da súa carreira académica. Foi investigadora principal do proxecto do plan nacional RetosIntegración e retorno da “nova emigración española”: unha análise comparada das comunidades de españois no Reino Unido e Francia” (EMIGRAREIN, PID2019-105041RA-I00, 2020-2024). Formou parte como investigadora de 21 proxectos: 3 europeos (1 investigación e 2 de redes de investigadores/as: ERASMUS+), 6 proxectos do plan nacional (4 proxectos e 2 redes de investigadores), 13 proxectos e redes de investigadores con financiación autonómica (5 axudas de consolidación, 6 proxectos de investigación e 2 redes de investigadores/as). Tamén colaborou en tarefas de pescuda en 19 investigacións a través da fórmula de contratos, convenios ou proxectos de I+D+I non competitivos con AA.PP. ou entidades privadas, liderando 4 proxectos, 3 en consorcio da UDC con entidades do terceiro sector (Arquitectura Sen Fronteiras-Galicia e Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia).

Realizou 12 estadías de investigación, 7 estadías posdoutorais e 5 estadías predoutorias, en centros de investigación especializados en migracións. Entre as estadías internacionais destacan as realizadas en Géographie-Cités-EHESS (París, 2024, 5 meses), University of California-Berkeley (2019, 4 meses), MIGRINTER (Universidad de Poitiers, 2018, 2 meses), Instituto de Geografia e Ordenamento do Território (IGOT, Universidade de Lisboa, 2016, 3 meses), Departamento de Políticas (Universidad de Sheffield, 2009, 6 meses), e no CCIS (University of California-San Diego, 2007, 4 meses).

Como investigadora foi codirectora dunha tese doutoral -Verónica Verdía Varela (2022)-que recibiu o premio extraordinario de doutorado na UDC, e con resultados que deron lugar á publicación de 3 artigos en revistas indexadas. Tamén dentro da súa traxectoria investigadora está participando en dous programas de doutorado na UDC: Ciencias Sociais e do Comportamento e Ciencias Sociais e do Envellecemento desde 2022. Foi avaliadora de proxectos I+D+I do plan nacional (2022). Asemade, foi revisora anónima de revistas indexadas especializadas en migraciones e políticas públicas: International Migration, Revista Internacional de Sociología (RIS), Política y Sociedad, Papers. Revista de Sociología, Revista Migraciones Internacionales, Revista Gestión y Análisis de Políticas Públicas, Revista Migraciones, e de moitas outras publicaciones.

 

belen.fernandez.suarez@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC