Laura Suárez-Grimalt
Profesora Axudante Doutora
Laura Suárez Grimalt é Profesora Axudante Doutora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Actualmente é Coordinadora do Grao en Socioloxía nesta mesma universidade.
Obtivo o grao en Socioloxía (UDC) recibindo o Premio Extraordinario Fin de Carrera da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia, e é especialista en Técnicas de Investigación Social Aplicada (Máster TISA, UAB-UDC) e Migracións Internacionais (Máster universitario MOMI, UDC). Doutora en Socioloxía pola Universidade de Barcelona (2019), obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude pola súa tese doutoral: “Redes Móbiles e Movilidad en rede: Capital Social e Migración Latinoamericana en España”.
Gozou dunha bolsa predoctoral para a Formación de Profesorado Universitario (FPU, Ministerio de Educación) no departamento de Socioloxía da Universitat de Barcelona. No marco desta bolsa, participou en varios proxectos de investigación incluídos no Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Técnica de España (FEM2011-26210, SEJ2007-63179), e no proxecto europeo INCASI (H2020-691004-MSCA-RISE).
Os seus intereses de investigación céntranse nas estratexias de mobilidade espacial e mobilidade social da poboación de orixe latinomericano, as dinámicas laborais da poboación migrante, o envellecemento e a dimensión transnacional asociada aos movementos migratorios. Entre as súas publicacións desatacan: “Towards a theoretical model for the study of productive and reproductive strategies in transnation families: Latin American Migration and Social Mobility in Spain (Oso e Suárez-Grimalt, 2017. Journal of Family Studies); “Double invisibility: the effects of hidden unemployment on vulnerable populations in southern European countries during the COVID-19 pandemic (Coco, Simó-Solsona, Suárez Grimalt, 2022. Revista Española de Socioloxía)”.
Actualmente participa como investigadora no proxecto europeo CAREWELL (JPI MYBL EWG), e no proxecto do Plan Nacional de Investigaciónn “Intersecting crises post-2020 and impact on intra-EU (im)mobilities: Spanish transmigrants’ labour and family strategies” (PID2022-142080OB-I00)