Mª Isabel Rodríguez Doldán
Predoctoral Formación Galicia Investiga Igualdade 2025
Mª Isabel Rodríguez Doldán é investigadora predoutoral na Universidade da Coruña (UDC) a través do programa de axudas de Formación Galicia Investiga Igualdade 2025.
Graduada en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 2021, cursou tamén na mesma universidade o Máster en Políticas Sociais e intervención Sociocomunitaria, especializándose en migracións en 2023. Colaborou en dous proxectos europeos, por unha banda, ‘Welcoming Spaces’ in Europe: revitalizing shrinking areas by hosting non-EU migrants, ID: 870952, desenvolto xunto a outras 8 universidades e financiado pola Unión Europea no seo do programa Horizonte 2020. Doutra banda, colaborou tamén no proxecto “Care, inequality and Wellbeing in Transnational Families in Europe: A Comparative Intergenerational Study in Spain, France, Sweden and UK (CAREWELL)”, financiado por JPI.More Years.Better Lives e polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Actualmente, baixo a dirección de Laura Oso e Keina Espiñeira realiza a súa tese doutoral desde os estudos de fronterización urbana e biopolítica, analizando o acceso á vivenda por parte das mulleres migrantes en Galicia como vector configurador das dinámicas de segregación espacial e exclusión social.