Mateo Nuñez

Contratado predoutoral FPU

Mateo Núñez Martínez é investigador predoutoral no marco do programa estatal FPU para a Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. É graduado en Socioloxía (Universidade da Coruña) e finalizou en 2021 os seus estudos de Máster en Historia e Análise Sociocultural (Universidade de Oviedo). O seu Traballo de Fin de Grao acerca das expectativas de futuro e as oportunidades socioeconómicas para a conca mineira do Bierzo obtivo matrícula de honra, mentres que o seu Traballo de Fin de Máster empregou un enfoque historiográfico á hora de reconstruír a conflitividade laboral e social da dita comarca. Actualmente atópase traballando nunha tese de doutoramento que versará sobre un estudo de casos comparativo entre España, Italia e os Países Baixos a teor da vinculación entre as migracións e os proxectos de desenvolvemento local e exerce tamén como colaborador no proxecto europeo ‘Welcoming Spaces-H2020’. Os seus temas de investigación e interese discorren ao redor da revitalización de rexións rurais, as políticas públicas de desenvolvemento local, as traxectorias e os proxectos migratorios, ou a reconversión industrial e especializouse en metodoloxías cualitativas e próximas á antropoloxía social e cultural.

 

m.nunez1@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC