Noelia Teijeiro
Contratada predoutoral FPI
Noelia Teijeiro Cal é contratada FPI na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Graduada en Socioloxía en 2016 na mesma facultade, onde tamén cursou un Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria na especialidade de xénero e Igualdade, cuxo título obtivo en 2019. Noelia foi bolseira no Centro de Investigacións Sociais da Universidade de Coimbra (2017) e foi técnica de igualdade nun concello da provincia da Coruña. As súas investigacións e intereses estiveron sempre moi ligadas á sexualidade e á igualdade, polo que obtivo en 2019 o VII Premio Ángeles Alvariño de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero. Actualmente desenvolve a súa tese de doutoramento sobre Vivendas Colaborativas en España, que se centra especialmente nos senior cohousing.