Paula Varela Fernández
Contratada predoutoral Xunta de Galicia
Paula Varela-Fernández é investigadora contratada predoutoral pola Xunta de Galicia na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC). Tras obter en 2020 o Graduado en Socioloxía na UDC, finalizou o #Máster en Estudos Avanzados en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 2021. O seu TFG consistiu nunha aproximación etnográfica á modificación corporal, mentres que a súa TFM versou sobre o estudo antropolóxico de correntes subversivas como o Straight Edge (sXe). Actualmente desenvolve a súa tese doutoral sobre a relación do corpo e a tecnoloxía a través da modificación corporal, etnografiando estudos profesionais de tatuaxe no ámbito galego. As súas áreas de investigación enfócanse no análise socio-antropolóxico do corpo e as emocións, a socioloxía do consumo e o estudo comparativo das identidades e os movementos socioculturais.