Raúl Rey Gayoso
Contratado predoutoral Xunta de Galicia
Raúl Rey Gayoso é investigador contratado predoutoral pola Xunta de Galicia na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, onde traballa na súa tese de doutoramento baixo a codirección de Raquel Martínez Buján e Carlos Diz. Graduado en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 2019, finalizou os seus estudos de Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria con especialidade en Envellecemento e transformacións familiares na mesma facultade. Realizou o seu Traballo de Fin de Máster sobre as condicións sociolaborais do persoal de enfermaría empregado en residencias xeriátricas lucenses, no marco dunha Aprendizaxe-Servizo co Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo. Actualmente está a desenvolver a súa tese de doutoramento sobre as transformacións recentes do sistema galego de residencias xeriátricas no marco do modelo de coidados do territorio, en que incide na análise da estrutura de emprego do sector, a organización do traballo de coidados nos centros e as estratexias laborais das traballadoras sociosanitarias.