Tina Magazzini

Investigadora Postdoutoral María Zambrano

Tina Magazzini é Investigadora Maria Zambrano na Facultade de Socioloxía. Ocúpase principalmente de migración e dereitos das minorías, e (co)imparte Historia e Teoría dos Movementos Migratorios no programa do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS).

A súa investigación céntrase nas políticas de inclusión/exclusión desde unha perspectiva comparada e nas dinámicas de recoñecemento e de poder entre maiorías, minorías e estados. Está particularmente interesada en como se crean, manteñen e institucionalizan as categorías identitarias en diferentes contornas.

Tina é licenciada en Ciencias Políticas (Universidade de Florencia), Máster en Relacións Internacionais (CCNY) e Doutora en Dereitos Humanos (Universidade de Deusto, cum laude e mención internacional). Realizou o seu doutoramento no marco dun programa Marie Curie e posteriormente cofundó con outros membros do mesmo network INTEGRIM Lab, unha organización sen fins de lucro que ofrece investigación baseada en evidencia sobre migración, integración e xustiza social.

Publicou artigos en International Migration; Journal of Intercultural Studies; Policy & Politics; Ethnic and Racial Studies; Religion, State and Society; the Journal of Migration Studies, así como volumes con Routledge, Springer e Palgrave.

Antes de incorporarse á UDC traballou no Instituto Universitario Europeo, onde entre 2018 e 2022 codirigió o proxecto H2020 GREASE (con Anna Triandafyllidou). Fóra do ámbito académico, traballou coa UNESCO, o PNUD, a Comisión Europea, o Consello de Europa e a Rede Europea Antirracismo (ENAR) sobre inclusión social e diversidade cultural. Tamén contribúe a plataformas públicas (openDemocracy, Religion & Diplomacy, Policy & Politics blog) e colabora con cineastas, fotógrafos e festivais de cinema documental como  Film Geographies e Middle East Now. Desde 2019, está incluída en  #100esperte, unha base de datos de expertas italianas en política internacional desenvolvida polo Instituto de Estudos Políticos Internacionais (ISPI) co apoio da Comisión Europea, que ten como obxectivo modernizar a linguaxe dos medios que descoida ás mulleres como expertas.

 

tina.magazzini@udc.es

Perfil ORCID

Perfil Google Scholar

Perfil UDC