Laura Cobelo Parga
Contratada predoutoral FPU
Laura Cobelo Parga é investigadora predoutoral dentro da convocatoria das axudas de Formación de Profesorado Universitario (FPU) 2022.
Na súa formación académica, graduouse en Traballo Social pola USC no ano 2022 co Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia, obtendo posteriormente o título de Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS) da UDC no ano 2023.
Na súa práctica profesional, conta con experiencia en intervención nos ámbitos de discapacidade, dependencia e oncoloxía, con especial interese pola democratización e accesibilidade das novas tecnoloxías como vía de inclusión social.
Na súa orientación investigadora, o seu interese principal abarca os fenómenos vinculados coa crise climática e os procesos de participación política, realizando a súa tese doutoral no ámbito das políticas europeas en materia de mocidade e transición ecolóxica, baixo dirección de Belén Fernández Suárez.