Intersección de crises post-2020 e impacto sobre as (in)mobilidades europeas: as estratexias laborais e familiares de persoas españolas transmigrantes
Acrónimo: CrisisNewEUmob
Investigadoras Principais: Anastasia Bermúdez Torres (IP1, Universidad de Sevilla) / Montserrat Golias Pérez (IP2, Universidade da Coruña)
Tipo de Proxecto: Plan Estatal 2021-2023 – Proyectos Investigación Orientada
Referencia: PID2022-142080OB-I00
Data de Inicio: 01-09-2023
Data de Finalización: 31-08-2026
Organismo financiador:
- Ministerio de Ciencia e Innovación
Equipo:
- Equipo de Investigación:
- Simone Castellani (Universidad de Cádiz)
- Isabel Cutillas Fernández (Universidad de Murcia)
- Esther Márquez Lepe (Universidad de Sevilla)
- Natalia Moraes Mena (Universidad de Murcia)
- Laura Suárez Grimalt (Universidade da Coruña)
- Marta Rodríguez Cruz (Universidad de Sevilla)
- Equipo de Traballo:
- Silvia Almenara Niebla (Vrije Universiteit Brussel)
- Juan Pablo Aris Escarcena (Universidad de Sevilla)
- Jesús Comesaña Márquez (Universidad de Sevilla)
- Jeisson Oswaldo Martínez Leguízamo (Universidad de Murcia)
- Andrea Souto García (Universidade da Coruña)
Resumo:
Este proxecto é a continuación da investigación ‘Novas mobilidades intraeuropeas: decisións sobre emprego, familia e política entre españois transmigrantes’ (NewEUmob: CSO2017-84618-P, 2018-2021) dirixida por Anastasia Bermúdez e Beltrán Roca, que estudaba as migracións españolas cara á Unión Europea (UE) desde 2008.
O obxecto de investigación é analizar como as interseccións entre as crises recentes, particularmente desde a chegada do COVID en 2020, impactan nas familias españolas transnacionais, estudando as interrelacións entre as necesidades de coidado e laborais, por unha parte, e novas estratexias de (in)mobilidade, por outra.
Insírese na liña estratéxica “desigualdades espaciais, migracións e multiculturalismo”, e cunha estratexia metodolóxica mellorada, pretende achegar novos coñecementos teóricos e empíricos, ao tempo que busca solucións aos problemas actuais. Para iso, céntrase nas seguintes preguntas: a) ¿De que maneira estas crises diversas se enlazan entre si, producindo impactos nas experiencias laborais e familiares das persoas migrantes desde unha perspectiva de xénero interseccional?; b) ¿Cal é o impacto destas crises e experiencias nas novas estratexias de (in)mobilidade das persoas migrantes para responder tanto a barreiras como a oportunidades?; e c) ¿Como reconfiguramos as novas mobilidades intraeuropeas nun contexto de crecente inestabilidade e precarización, tendo en conta os marcos legais e de políticas públicas?
https://investigacion.us.es/sisius/sis_proyecto.php?idproy=37852